You are here

Peis d'hos

Presentación

Presentación

Peis d’hos é a forma que adopta no Morrazo a expresión peixe de hoxe, en alusión ao peixe do día capturado en baixura con aparello ou outras artes de pesca similares.
A finais do ano 2013 nace en Cangas unha asociación cultural con esta denominación para dar cobertura a unha escola de música e baile tradicional galego. Forman parte dela os grupos Trébede, As Mosas do Hío e O Viveiro de Peis d’hos.

O fin principal desta asociación é formar neste eido aos veciños desta comarca mariñeira. Esta ensinanza parte da investigación, análise e estudo dos traballos de campo levados a cabo por toda a xeografía galega.
Outro dos obxectivos arredor dos que traballa esta asociación é converter a música e o baile tradicional e a súa práctica en algo cotián, nunha actividade habitual, nun xeito de divertimento para a sociedade como foi nalgún tempo (pero enmarcado no contexto actual) e, sobre todo, sen que sexa visto como unha rareza empregada tan só por uns poucos. Sen dúbida, unha clara e arriscada aposta pola cultura do país.

¿Por que peis d’hos?
Por un lado podemos interpretar que fai referencia aos rapaces novos que teñen cabida nesta escola e, polo tanto, nesta asociación; ou non tan novos en idade pero si formados na actualidade, polo que se poden considerar debutantes neste ámbito.
Por outra banda, tamén podería referirse aos mestres que lideran e dirixen este proxecto, rapaces novos con dilatada experiencia no mundo da música e o baile tradicional pero que ata o de agora nunca se embarcaran sós nun proxecto destas características.

Mestres


  • Miguel Sotelo
    Imagen:
    Descripción:

    Miguel Sotelo é bailador e mestre de baile tradicional.
    Realizou o curso "Bailas? Didáctica da danza tradicional galega" na Universidade de Santiago de Compostela e os cursos "Antropoloxía social e cultural de Galicia: etnografía, patrimonio inmaterial e etnoarqueoloxía. Unha viaxe antropolóxica pola cultura e sociedade tradicional galega." e "Mitología, creencias, rituales y manifestaciones festivas de la cultura tradicional gallega. Un acercamiento antropológico al patrimonio inmaterial de Galicia.", ambos na UNED en Pontevedra.
    Dirixe os grupos Trébede, Retrouso de Cela e Moañesa de Música e Danza e imparte clases de baile na asociación cultural Peis d'hos, O Arco de Vilanova, no CEIP do Hío e no CEIP do Castrillón. Ademais, imparte cursos de baile en diversas asociacións e Centros Galegos en colaboración coa Seceretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia.
    No apartado musical, imparte clases de pandeireta e canto tradicional na A.C. Peis d'hos.
    Cómpre destacar a súa participación como bailarín na película “La Jota” de Carlos Saura e a dirección artística da curtametraxe “Irei a Darbo”.
    Formou parte do Projecto ['trepia], do grupo de pandereteiros O Tear de Llerena e das compañías de danza GS21, Circio e Quique Peón Cía. Tamén pasa pola A.C. Lembranzas da Ría, onde se inicia como bailador e músico, e pola A.C.F. O Fiadeiro.
    Participou en calidade de xurado en varios concursos de baile tradicional galego. Así mesmo, concursou en diversos certames de baile tradicional, danza e música, acadando unha morea de premios entre os que cabe destacar o segundo premio nacional obtido no XXI Certame de coreografía de danza española y flamenco 2013 realizado en Madrid.

  • Nébeda Piñeiro
    Imagen:
    Descripción:

    Nébeda Piñeiro é pandereteira e mestra de pandeireta e canto tradicional.
    É integrante das pandereteiras de Cantigas e Agarimos.
    Na actualidade dirixe a Lina e Lola, as escolas de pandeireta do CEIP do Hío e do CEIP de San Roque, ambas en Cangas, o grupo C e E de Cantigas e Agarimos e imparte clases de pandeireta e canto tradicional nas asociacións culturais Peis d'hos, Lembranzas da Ría e Moañesa de Música e Danza, no Club de Xubilados de Moaña e no Espacio +60 de A Fundación en Pontevedra.
    Ademais, foi socia fundadora e compoñente do grupo Traspés.

  • Diego Pintos
    Imagen:
    Descripción:

    Diego Pintos é monitor de ocio e tempo libre, con ampla experiencia en coordinación de actividades en campamentos infantís e xuvenís.
    No eido artístico ten participado como videocreador nos espectáculos escénicos do Projecto ['trepia] e A Máquina de Meter Medo. Os seus traballos teñen sido premiados en certames como o Xuventude Crea en distintas edicións.

  • Marina Vigo
    Imagen:
    Descripción:

    Marina F. Vigo cursou estudos de gaita na E-Trad (Escola de Música Tradicional e Folk de Vigo) e no Conservatorio Profesional de Vigo, onde acada o grao profesional de gaita. Tamén posúe un master en Artes Escénicas e actualmente cursa o grao superior de Instrumentos da Música Tradicional Popular.
    Imparte clases na A.F.C. Apedradeaugas.
    Na actualidade é integrante de Áureas, da Orquestra Folk de Galicia Sondeseu, do cuarteto Maraghotas e do grupo Trébede.
    Ten acadado premios tanto de gaiteira solista como de tamborileira en diferentes edicións do Concurso de Música Tradicional Xacarandaina, e nos Concursos de gaitas de Ponteareas, Luou e de Xoves Gaiteiros de O Grove.

  • María Vidal
    Imagen:
    Descripción:

    María Vidal é pandereteira e mestra de pandeireta e canto tradicional.
    Dirixe os grupos de pandereteiras Trébede, Seixebra, Os Trazantes de Tenorio e na asociación San Xoán de Calo. Imparte clases nas asociacións Hai que Roelo, Retranqueiros, Rexoubeiras e Camiño Real de Poulo. Ademais, imparte seminarios de pandeireta e canto tradicional galego en asociacións da Galicia exterior e cursos monográficos pola xeografía galega.
    Foi fundadora do grupo Gandaina, onde exerceu de directora, e membro do grupo Vilarachos. Tamén impartiu clases na asociación de veciños Santa María de Xeve e en Trompos ós Pés.
    Participou como vocalista e pandereteira nos discos ‘In Mare’ da asociación Trompos ós Pes, ‘Britonia’, ‘Onde nace o vento’ e ‘Introterra’ de Pepe Vaamonde Grupo, ‘Rumbadeira’ de Rumbadeira e no último traballo do grupo folk Ardentía. Actualmente está inmersa no proxecto “Cantigas de Elena” con Pipo Alvariño e Miryam González.

  • Jorge Juncal
    Imagen:
    Descripción:

    Formado como acordeonista da man do mestre Eugenio Juncal.
    Tamén traballa como músico multiintrumentista, compositor e productor musical.
    Conta cunha ampla traxectoria profesional, tocando dende hai máis de 20 anos cos grupos Beladona, Anubía, Macfeck, Faltriqueira, Magin Blanco, Anxo Lorenzo ou seu proxecto persoal Fantasía coas palabras xunto con María Faltri.

  • Noelia Villaverde
    Imagen:
    Descripción:

    Noelia Villaverde é pandereteira, percusionista e mestra de pandeireta e canto tradicional.
    Está graduada en Educación infantil pola Universidade de Vigo e posúe o curso de Monitora e Tempo Libre.
    Imparte clases de pandeireta e canto na AA.VV. Eduardo Pondal e na Asociación Cultural de Tomeza, en Pontevedra. Ademáis, imparte a aula de Música e Movemento na A.C. Retrouso de Cela en Bueu.
    Na actualidade é integrante do grupo de pandereteiras Trébede e do grupo de pandereteiras de O Fiadeiro.

Escola

Escola

En Peis d'hos ofertamos clases de baile tradicional e pandeireta e canto tradicional. Estas actividades lévanse a cabo dende setembro ata xuño, ambos os dous incluídos.
Se tes interese nalgún dos cursos ou tes algunha dúbida ponte en contacto connosco.

Localización

As actividades impártense no Local de Ensaio de Cimadevila (Cangas).
¿Como chegar?

Horarios

Actividade Día Hora Grupo
Acordeón luns 18.00-19.00
19.00-20.00
20.00-21.00
21.00-22.00
Baile tradicional luns 21.30-23.00 adult@s
martes 18.30-20.00 infantil
20.15-21.15 adult@s
21.45-22.45 adult@s
mércores 17.30-18.30 infantil
19.15-20.15 adult@s
20.30-21.30 adolescentes
xoves 18.30-19.30 infantil
20.00-21.00 adult@s
21.15-22.15 adult@s
22.30-23.30 adult@s
venres 21.30-23.00 adult@s
sábado 12:00-13:00 adult@s
Cantos populares, tradicionais e de taberna sábado 16.30-18.00 adult@s
Gaita venres 17:30-18:30 infantil
18:30-19:30 adult@s
20:30-21:30 adult@s
Música e movemento luns 17:00-18:00 infantil
Pandeireta e canto tradicional luns 18:15-19:15 infantil
20:30-22.00 adultas
mércores 21:30-22:30 adultos
xoves 21:30-22:30 adult@s
venres 18:30-19:30 infantil
19:30-20:30 adult@s
20:30-21:30 adult@s
21:30-22:30 adult@s
sábado 11:00-12.00 infantil
12:00-13.00 infantil
Percusión tradicional venres 16:30-17:30 adult@s
19:30-20:30 infantil

Estes horarios están suxeitos a posibles cambios. Solicita información.

O Viveiro

O Viveiro

O Viveiro é, por definición, un lugar onde se cultivan plantas novas para logo seren transplantadas ou ben un lugar, polo xeral no mar, nun lago ou nun río, ou, se non, nun gran depósito, onde se crían peixes, crustáceos, moluscos etc.

Pois iso mesmo é O Viveiro da A.C. Peis d’hos: un grupo formado na Escola Peis d’hos e que pretende cubrir ese óco entre a escola e unha agrupación de calidade, servindo de trampolín cara a esta e cubrindo así esa última etapa de aprendizaxe na formación previa a actuar en escenarios máis esixentes.

Trébede

Trébede

A comezos do ano 2011 nace no Morrazo o grupo de música e baile tradicionais Trébede, froito da inquietude dun grupo de moz@s pertencentes a dúas asociacións xa existentes, aínda que co paso do tempo Trébede pasará a depender únicamente da A.C. Peis d'hos de Cangas do Morrazo.

A agrupación ten como principal característica a recompilación do patrimonio inmaterial da cultura tradicional galega para a súa posterior difusión e posta en escea. Deste xeito, todas as pezas que interpretan son froito do traballo de campo dos seus compoñentes, adicados dende hai tempo a recompilar todo este material e nel se basean todos os seus traballos e proxectos. O grupo está composto por membros procedentes maioritariamente da comarca do Morrazo (Marín, Bueu e Cangas), Pontevedra e Vigo, e está dirixido por Miguel Sotelo e María Vidal.

Cómpre destacar o seu proxecto audiovisual “Irei a Darbo”, levado a cabo en 2016. É salientable tamén a súa participación no Festival Interceltique de Lorient 2015, na bretaña francesa, representando a Galicia; nas Xornadas de Folclore de Santiago de Compostela en xullo de 2012, na Praza da Quintana, dentro da programación das Festas do Apóstolo; en concursos de baile tradicional onde acadaron diversos premios
así como en concursos de música tradicional nos que tamén conseguiron importantes galardóns; e en moitos outros escenarios ao longo da xeografía galega e da península ibérica.

Xornadas Etnográficas do Morrazo

Xornadas Etnográficas do Morrazo

As II Xornadas Etnográficas do Morrazo: música, baile, traxe e concienciación medioambiental leváronse a cabo do 16 ao 25 de agosto de 2019 no Morrazo. Trátase dun proxecto promovido pola Mancomunidade do Morrazo (conxuntamente entre os concellos de Bueu, Cangas e Moaña) e consta de:

Actividades de verán

Actividades de verán

En Peis d'hos ofertamos unha serie de actividades lúdicas e formativas durante o verán, destinadas a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 5 e os 14 anos, coa intención de que os nenos aprendan e se relacionen coa nosa cultura e coa música e baile tradicionais dun xeito distendido. Pretendemos dar unha atención personalizada a cada participante, polo que hai límite de prazas.
Estas actividades lévanse a cabo no mes de xullo repartidas en dúas posibles quendas, ou ben todos os luns e mércores ou ben todos os martes e xoves, de 10h. a 13:30h.

Actividades

  • xogos
  • baile tradicional
  • escultura
  • canto
  • pandeireta
  • confección de bonecos
  • percusión
  • pintura
  • traxe tradicional

Localización

As actividades de verán impártense no Local de Ensaio de Cimadevila (Cangas).
¿Como chegar?

Colaboradores


Socios protectores

  • Grupo Acega
    Rúa Méndez Núñez, 36 - 3ºA 36940 Cangas
    986 39 21 45
    info@grupoacega.com

    Asesoramento fiscal, laboral, contable, financieiro e xurídico. Contan cunha dilatada experiencia na xestión e asesoramento de asociacións.

  • Inmobiliaria Lares
    Rúa do Sol, 19 - 36940 Cangas
    986 32 99 75
    info@lares.gal

    Se buscas unha inmobiliaria non o dubides, en Lares atoparás unha opción inmellorable, con grandes profesionais e, sobre todo, con moi bo gusto! E sempre dispost@s a axudarte e asesorarte!

  • Librería Miranda
    Rúa Pazos Fontenla, 35 - 36930 Bueu
    986 32 05 04
    pedidos@libreriamiranda.gal

    En Librería Miranda toparás co teu libreiro de confianza, cun trato moi cercano e sempre disposto a axudarche en todo o que precises. En Bueu, onde ía ser?

  • Mares de Galicia
    Depuradora Vilanova, s/n - 36984 Cangas
    986 39 10 08 / 986 83 80 49

    Empresa adicada á elaboración e comercialización de mariscos frescos e elaborados, inspirada nas máximas de calidade e bo facer. Conta cunhas oficinas no porto pesqueiro de Marín e unha depuradora de moluscos e centro de expedición, Cultivos Marinos Vilanova S.L., en O Hío (Cangas).

  • Tecnosat
    Montero Ríos, 18 - 36940 Cangas
    986 30 70 12 / 622 71 18 19
    tecnosatshop@tecnosatshop.es

    En Tecnosat adícanse á reparación e venta de telefonía e informática e, ademáis, personalízanche a funda do teu móbil coa foto que ti queiras. Sonche moi eficientes!


Socios colaboradores

  • Mama Rous Tapas e Pintxos
    Avda. de Ourense, 13 Baixo - 36940 Cangas
    886 30 97 54

    Tapas e pinchos variados, boa atención, ambiente agradable, tranquilidade e... voltarás, porque sairás de alí con ganas de repetir!

  • Montajes Fuentes
    Camiño da Choupana nº15 - 36949 Cangas
    607 11 36 32 / 986 30 53 31
    montajes.fuentes@gmail.com

    Se tes algún problema coa fontanería, electricidade, calefacción ou enerxías renovables, ou ben queres facer unha obra, non o dubides, Montajes Fuentes é a túa opción!

  • O Forno
    Rea Real, 58 - 36940 Cangas
    637 75 70 47

    O mellor pan da comarca. Contan cun gran equipo humano baixo a dirección do mestre Pablo, que poñen todo o amor en cada cousa que fan, sexa pan artesanal, repostería ou creación innovadoras nas que o elemento natural e ecolóxico forman un papel fundamental.

  • A Tenda de Mucha
    Calle Seixo, 41, 36949 Darbo
    986 30 06 44

    A mellor tenda de autoservicio, carnicería e charcutería que atoparás na contorna. Con todo o que precisas, coma nun supermercado, pero co trato familiar que tan só che poden dar os teus propios veciños!

  • Panadería Amador
    Rúa de Montero Ríos, 91 - 36930 Bueu
    986 32 31 20

    Panadería, pastelería, cafetería, prensa e revistas no centro de Bueu, con bo trato e ambiente acolledor. Tamén coa posibilidade de consultar entregas a domicilio. A maiores, conta cun espacio expositivo.

  • Construccións Piñeiro
    Calle Xoan Piñeiro, 2, 36945 Nerga
    637 55 89 33

    Para calquera tipo de obra, reforma ou o que precises, non o dubides, con Construccións Piñeiro estarás en boas mans!!

  • SaúdeSport
    Avenida de Lugo, 49 - 36940 Cangas
    886 09 19 52

    Clínica de Fisioterapia Deportiva cun gran equipo profesional! Empregan diferentes técnicas de Fisioterapia e Osteopatía, combinadas con Pilates/RPG/Entrenamento funcional/Hipopresivos que integran na Readaptación Postural Hipopresiva, na Readaptación Física Personal e en "CrossClinic". Además, contan con profesionais externos de Traumatoloxía, Podoloxía e Nutrición.

  • O Carlete
    Rúa David Cal, 13, 36945 Vilariño
    986 32 87 44

    Fantástico bar no que tomar algo ou comer moi ben, con bo servicio e moi bo ambiente, ao pé da praia de Vilariño. Na mellor compañía, dende 1977.

  • Peluquería Natalia Gómez
    Vilanova, 25 - 36945 O Hío, Cangas
    661 76 00 55

    A túa peluquería de confianza. Bo trato e profesionalidade, estás en boas mans!

  • Martinnus Tapería
    Avenida Eduardo Vincenti, 6 - 36940 Cangas
    986 30 34 83
    martinnustaperia@gmail.com

    Bo ambiente e unha deliciosa variedade na carta. Moi bo gusto tanto no cociñar, na estética como no trato persoal agradable coa clientela.

  • Rosa Mariño - Herbalife
    Outeiro de Balea, 29 - 36949 Cangas
    605 22 58 88
    rosa.marino.ventosinos@gmail.com

    Se buscas un cambio de hábitos ou pautas nutricionais, se necesitas máis enerxía, baixar de peso ou mellorar a túa composición corporal... non o dubides, contacta con Rosa! Darache un asesoramento gratuito!

  • Gasdoca S.L.
    Avenida de Bueu, 1 - 36940 Cangas
    986 30 12 89

    Gasolinera céntrica, aberta ata as 24:00h. e co mellor precio nos carburantes!

  • Espacio SEM
    Avda. de Bueu, 13 - 36940 Cangas
    615 26 53 10

    Osteopatía integral e terapias naturais. Ante calquera tipo de doenza física, xa sexa muscular ou tensional, acude a Espacio SEM, estarás en boas mans!

  • Irisar Deseño e Impresión
    Rúa San Xosé, 11 - 36940 Cangas
    986 39 26 60
    irisar@irisar.es

    Uns artistas no deseño e moi profesionais nas impresións. Se tes calquera encarga relacionada coas artes gráficas e/ou a impresión, non dubides en contactar con eles, resolverán da mellor maneira e con moi bo resultado.

  • Electrodomésticos Moisés
    Fragata Lealtad, 1 - Moaña
    986 310 764
    electrodomesticos_moises@hotmail.com

    Tenda de electrodomésticos en Moaña, para todo o que necesites acude a Moisés e el saberá darche o que precises!

  • Vizzio
    Avenida de Marín, 13 - 36940 Cangas
    986 30 32 59

    Permítete un vicio!! Sempre que teñas fame e che apeteza un bo bocata, pizza, patacas... ou simplemente tomar algo, aquí tes unha boa opción á que acudir. En Vizzio atenderante de moi boa gana!

  • Centro Óptico Cangas
    Xosé Félix Soage, 3 - 36940 Cangas
    986 30 31 80
    centro_opticocangas@yahoo.es

    Non xogues coa túa vista, pásate polo Centro Óptico Cangas e ponte en mans de profesionais, estarás en boas mans!

  • O Zapato Chispón
    Paseo de Castelao, 13 - 36940 Cangas
    986 30 22 47

    Porque un bo calzado é imprescindible para unha boa saúde corporal, contacta con especialistas, no Zapato Chispón atoparás o que buscas!

  • Tapería O Pelao
    Rúa do Sol, 29 - 36940 Cangas
    986 30 52 18

    Tapería emblemática no centro de Cangas, con tapas típicas, bo viño e boa atención... que máis se pode pedir?

  • Laura Lago Belleza y salud
    Praza do Progreso, 7 baixo - 36940 Cangas
    986 30 27 50
    lauralagogonzalez@hotmail.com

    Centro de estética que ofrece un trato persoal e profesional acreditado con titulacións oficiais e cursos actualizados con ampla experiencia no coñecemento da pel, tratamientos faciais e corporais, depilación co fio, láser, pedicuras e manicuras semipermanentes, masaxes, dietética e todo o referente á dedicación do coidado do corpo. Ponte nas súas mans!

  • Agarimo
    Avda. Montero Ríos, 1- 36940 Cangas
    986 30 28 35

    En Agarimo encontrarás roupa, complementos ou outro regalo ideal para familiares, amigos ou para ti mesmo!

  • O Colmado de Marujamaría
    Rua Real 24 - 36940 Cangas
    886 09 50 61

    Tenda a granel. Marujamaría é unha tenda de regalos «gastronómicos, cosmética ecolóxica e artesanía». O seu eixo central é poñer en valor os excelentes productos das nosas terras, o traballo artesán e o bo facer das pequenas empresas.

Cuotas

Cuotas

Socio

  • Cuota de socio/a: 10€/ano
  • Escola

  • Cuota por actividade para nenos/as: 13€/mes
  • Cuota por actividade para adultos: 15€/mes
  • Cuota por actividade de acordeón: 20€/mes
  • * Teñen desconto as persoas que vaian a máis dunha actividade.

    Actividades de verán

  • Cuota por actividades de verán para nenos/as: 60€/mes

Galerías

  • 2020
    Escola Peis d'hos 2019-2020
  • 2019
    Escola Peis d'hos 2018-2019
  • 2019
    II Xornadas de Portas Abertas
  • 2019
    Cantadas 2018-2019
  • 2019
    Festival Infantil 2019
  • 2019
    Concertos didácticos 2019
  • 2019
    I Festival Peis d'hos 2019
  • 2019
    Actividades de verán 2019
  • 2019
    XEM 2019
  • 2018
    Escola Peis d'hos 2017-2018
  • 2018
    I Xornadas de Portas Abertas
  • 2018
    Festival Infantil 2018
  • 2018
    Actividades de verán 2018
  • 2018
    XEM 2018
  • 2017
    Escola Peis d'hos 2016-2017
  • 2017
    Festival infantil 2017
  • 2017
    Actividades de verán 2017
  • 2016
    Escola Peis d'hos 2015-2016
  • 2016
    Festival infantil 2016
  • 2016
    Actividades de verán 2016
  • 2015
    Escola Peis d'hos 2014-2015
  • 2015
    Festival infantil 2015
  • 2015
    Actividades de verán 2015
  • 2014
    Foliada de Nadal 2014-2015
  • 2014
    Festival infantil 2014
  • 2014
    Actividades de verán 2014